Software libre

Mesa: As comunidades no desenvolvemento de proxectos de software libre

Modera: Xesús Benítez Baleato de Coordinador de Mancomun.org

9 comentarios hasta ahora

  1. spav on

    A miña pregunta vai dirixida a Xesús Benítez Baleato, moderador da mesa. ¿Cal é a opinión de Mancomún sobre o feito de que a propia administración, da que saiu a idea de Mancomún, tamén lle esté dando respaldo a unha compañía de software privativo?

    Gracias!

  2. paixoliña on

    Buscando un pouco de información pola rede vexo que as tres empresas
    galegas aiqui representadas teñen uns bos portfolios de traballos o
    cal é representativo e di moito de que en galiza tamén se fan cousas
    interesantes, porque sempre se pensa que o de fora é o mellor , tamén
    me atopo que as tres empresas galegas pertencen a Agasol e dúas son
    fundadoras, gustariame saber en que proxectos de software libre está
    involucrada dita asociación e se tedes apoio por parte da administración pública galega.Noraboa pola vosa labor empresarial e moito ánimo.

  3. Fran on

    ¿Como se pode animar a un profesor ou a un alumno universitario a montar unha empresa baseada en software libre? ¿Qué é o que mais motiva a sua creación? A vos, ¿Qué vos motivou?

  4. calidonia on

    Entendo que a primeira pregunta está fóra de lugar, así que propoño unha formulación alternativa que en realidade son tres:

    Como valoran os relatores o impulso que o Goberno galego lle está imprimindo ao software libre?

    Dentro do panorama de luces e sombras perciben compromisos diferentes en función das Consellarías e/ou dos socios de goberno (PSOE e BNG)?

    Que condicións pensan que se teñen que dar nunha Administración como a galega para que o software libre se convirta nunha política estrela que sexa ao tempo transversal?

  5. Spav on

    Calidonia, iso só é unha maneira máis políticamente correcta de preguntar o mesmo que pregunto eu ;-)

    Por outra banda…cada día hai máis xente que usa Mac OS e o Leopard segue sen estar soportado en galego…¿Iso de “política transversal” que postulas acolle ó soft libre e ó soft de Microsoft e deixar de lado a Apple?

  6. paixoliña on

    Esta pregunta, de novo e para as 3 empresas galegas.

    Como vexo nas vosas respectivas páxinas corporativas, as tres desenrolades aplicacións web e paxinas webs para empresas,polo cal gustaríame saber que xestor de contido ou xestores usades nas vosas empresas e os beneficios do seu uso.

    Grazas de novo.

  7. paixoliña on

    Pregunta para Jordi Mas e para Manuel Pacior.

    Supoño dende a miña ignorancia, o uso dun ERP darase normalmente cunha serie de empresas tipo supoño que dependente do seu tamaño ou estructura interna, gustariame saber que beneficios reporta o uso de OpenBravo contra Dynamics de Microsoft, independentemente de que un sexa libre e o outro non, facilidade de uso, coste de auditorías, etc.

  8. Xesús Benítez Baleato on

    Boas.

    Estiven dándolle voltas ao asunto que comentades, e concordaredes comigo en que, a pesar da súa innegabel trascendéncia, cae un pouco fora do tema da mesa que está focalizada máis no conceito das ‘comunidades’ que vertebran o mundo do software libre. Aprofundar nese conceito de comunidades a través das experiéncias das empresas convidadas ten interese por sí mesmo e penso que niso deberíamos centrar a posta en común aproveitando o convite que nos fai Enrique Barreiro, o Director da Escola de Informática de Ourense.

    Por outra parte, como moderador, o que me toca é darlle paso aos e ás ponentes máis que sentar cátedra aproveitando a ocasión… e no momento en que escrebo isto levamos xa uns minutos de retraso sobre o horário previsto, de modo que non imos ter máis remedio que abreviar.

    Porén, non quixera dar a impresión de estar fuxindo de tratar un asunto que ten a trascendéncia que lle outorgades, así que considerei máis conveniente tratar o asunto do suposto apoio da Xunta ao software privativo que mencionades no contexto da crónica que estaba a facer sobre o evento de localización de software libre desta pasada fin de semana e fpoñelo á vosa disposición a través do espazo que puxo á miña disposición a xente da Nosa Terra.

    http://www.anosaterra.org/nova/eu-traduzo-o-teu-software-.html

    Alí atoparedes a miña opinón personal, acompañada dun interesante vídeo que demostra o que xa podiamos supoñer en base á experiéncia das anteriores traducións de productos de Microsoft ao galego: que a tradución tanto da interfaz como da documentación son defectuosas e que a instalación do parche de galego para o Windows Vista inhabilita determinadas funcións para os falantes do galego.

    En todo caso, trasladarei a cuestión ás personas que participan na mesa por se quixeran fazer calquera achega.

  9. ascárida on

    Falades, todos, das vantaxes que aporta o sofware libre ás vosas empresas. Pero, que aportades vos ao software libre?.


Replica