Escritores

Mesa: Escritores na blogosfera

Modera: Domingo Docampo Amoedo

10 comentarios hasta ahora

  1. paixoliña on Mayo 12, 2008

    Me gustaría que me respondieran de manera individual que cambia en un escritor tradicional, el echo de tener presencia en la red.

  2. Fran on Mayo 13, 2008

    ¿Que vos motiva mais, escribir na rede, ou desenrolar o voso novo libro?

    ¿Cal pode dar mais satisfacción emocional (non monetaria)?

  3. calidonia on Mayo 13, 2008

    A pregunta é para Manuel Bragado, na súa condición de editor.

    Que estratexia de adaptación/innovación teñen as editoriais do sistema lingüístico galego para sobrevivir/vivir no momento en que á industria editorial lle aconteza o mesmo (ou algo moi parecido) que á industria discográfica co advenimento da dixitalización e a distribución P2P?

  4. Spav on Mayo 13, 2008

    A miña pregunta, moi en relación coa de calidonia tamén para Manuel Bragado.

    ¿Crees que o futuro da industria editorial en Galiza pasa por proxectos (fallidos) como Edicións da Rotonda?

    ¿Qué opinión tes, con respecto á industria á que representas, sobre a licenza Creative Commons?

  5. r.r. on Mayo 13, 2008

    Paixoliña preguntou
    1. Me gustaría que me respondieran de manera individual que cambia en un escritor tradicional, el hecho de tener presencia en la red.
    Creo que o maior cambio é, ademáis de a nivel comunicativo como para calquera outro usuario da Internet pero sobre todo para min que vivo nunha aldea, a nivel de “promoción” e a nivel de “posibilidades de documentación”.
    Cando digo “promoción” falo de que un mesmo pode dar a coñecer as novedades e as actividades arredor da escrita propia, así como as críticas sobre as obras que, ademáis, gracias á rede son máis doadamente accesibles e publicables por parte de calquera. Neste sentido creo que a boa sorte que correu “Limpeza de Sangue” débese en grande medida ós eloxios que sobre o libro verqueron moitos escritores de blogs galegos: Arume dos Piñeiros, Brétemas, Alfaias, Ana Bande, Bouzafría, Mario, e moitos visitantes dos mesmos. E isto é de agradecer no noso país, no que a publicidade editorial, e sobre todo referente a textos teatrais, non é habitual, como tampouco o é a crítica.
    Outro aspecto no que a Rede é decisivo é na facilidade extraordinariamente ampliada para acceder a documentación. “Limpeza de Sangue” foi escrito lendo moi poucos libros de medicina e moitas páxinas de internet arredor do asunto.
    E, xa para rematar por fin, no aspecto da escrita entendido de xeito máis estricto, a facilidade para chegar ós lectores tamén se multiplica. No meu caso só por un bló no que a maioría dos posts que publico son autobombo e desafogos, pero que tamén me sirve ás veces para experimentar e “escoitar” a resposta do lector.
    Moitas gracias pola pregunta, Paixoliña.

    Fran preguntou
    1. ¿Que vos motiva mais, escribir na rede, ou desenrolar o voso novo libro?
    ¿Cal pode dar mais satisfacción emocional (non monetaria)?
    Para min o feito de escribir, cando estou facendo ficción, é tan satisfactorio, emocionante e motivador en rede como “sobre o papel” (entrecomiño porque uso ordenador). De feito eu escribo, polo xeral, pensando en libros, pero tamén pensando en espectáculos de teatro, que poden chegar a ser aínda máis intanxibles que a Rede.
    A Rede, cando carezo dunha idea para libro ou espectáculo na que centrarme, sírveme, normalmente, como “sustitutivo”; porque é máis rápido, porque é menos traballoso (o que escribo no bló é o que me vai saíndo polos dedos, sen moita reflexión, de feito chámoo “caderniño de desafogos”) e porque a comunicación (ou non) co lector queda demostrada xa nos comentarios e podes encher o orgullo cos eloxios ou “achandalo” coas críticas.
    Pero aínda recoñecéndome como un amante confeso do libro físico, en papel, non desboto a posibilidade de poñerme con algún intento de traballo dedicado exclusivamente á súa difusión na rede ou por medios “informáticos”. De feito xa hai uns anos tenteino cunha especie de blogonovela escrita “a vuelapluma” e cargadiña de hipertexto e algunhas imaxes, pero a medio camiño, visto o nulo éxito da idea, que só visitaba o meu primo e algúns amigos, decidín abandonalo. Ameazo, de tódolos xeitos, con volver dentro dalgún tempo coa idea mellor plantexada e coa intención de incluir todo tipo de expresións “artísticas” na proposta: ademáis da literatura, música, vídeos, fotografía, animacións, e, por suposto, hipertexto e todo o imaxinable e incluíble. Pero antes teño que facerme cun axudante que saiba de programación e coa boa idea para desenvolver…
    Resumindo, creo que a satisfacción pode aparecer por calquera camiño: pero teño que recoñecer que o meu amor polo libro en papel fai que o feito de ter un atribuído a ti entre as mans resulte unha experiencia emocionalmente potentísima que de momento non experimentei na rede. Todo se andará.

    ¡Perdoade pola brevidade! :-S

  6. bretemas on Mayo 14, 2008

    Calidonia preguntou:
    Desgrazadamente o sector editorial e literario galego, sobre a cuestión que formulas, estamos retrasados. No entanto, hai editores que xa nos formulamos a cuestión como un reto de supervivencia futura. Empresairalmente a cuestión reside en crear unha nova cadea de valor, cuestión que non está resolta aínda en ningún sistema editorial do mundo.
    As experiencias máis interesantes de edición dixital en galego estanse desenvolvendo no eido educativo (pouco coñecido polo grande público), onde cada ano aparecen máis contidos deste tipo. Porén, no eido da creación, coa excepción do traballo nalgúns blogs literarios (moi interesantes) e das iniciativas periódicas en Vieiros, o feito é cativo. Con todo, a utilización do soporte elctrónico para visibilizar o libro galego e a promoción da lectura é un fenómeno que, afortunadamente, se ven incrementando de forma notable por parte dos editores galegos. Non teño dúbida que será un proceso que se acelerará en canto apareza un soporte de lectura electrónica portable máis amigable que os existentes.
    A cuestión das licenzas Creative Commons vai moi vencellada á reformulación desa cadea de valor da que falaba ao inicio. O paradigma de literacidade dixital require un novo modelo de dereitos de autor e estas licenzas sinalan un novo camiño. Na mesa redonda haberá tempo para perfilar máis estas opinións. Grazas polas preguntas e polo interese.

  7. Angel on Mayo 14, 2008

    ¿Que os parece que los escritores utilicen herramientas para compartir sus obras (pasando por alto editores, tiendas… como hace por ejemplo Paulo Coelho?

  8. Spav on Mayo 14, 2008

    Boas, a miña pregunta vai dirixida a Manuel Bragado. Falaches nestes mesmos comentarios e na charla someramente sobre o tema das Creative Commons. ¿Como afecta á industria editorial novas ideas xurdidas dende a web tales como Blurb? ¿Un golpe máis a dita industria?

  9. poeta galega on Mayo 14, 2008

    Bragado, non lle esqueza: metabloguear é o puto peor

  10. nos on Mayo 14, 2008

    Señor Bragado,estanos a dar a sensacion de que vostede barre para a casa e non olla directamente a realidade por motivo dos seus interes, non lle parece?

Leave a reply